12 de agosto de 2026

Lugo, un lugar especial para ver a eclipse

Unha experiencia pública de ciencia, observación segura e cultura arredor da eclipse total de Sol visíbel desde Lugo.

Inicio da eclipse
19:31
Totalidade
1 min 23 s
Altura do Sol
11,2°

Conta atrás para a eclipse

días
horas
minutos
segundos
Importante: nunca mires directamente o Sol sen protección homologada. Durante a fase parcial é obrigatorio usar lentes de eclipse certificadas ou métodos indirectos.

A eclipse

A sombra da Lúa chegará a Lugo o 12 de agosto de 2026

Esta animación mostra a evolución global da eclipse solar total do 12 de agosto de 2026 e axuda a entender o desprazamento da sombra da Lúa sobre a Terra.

Animación da eclipse solar total do 12 de agosto de 2026 sobre a Terra

Horario a ter en conta

Lugo está dentro da franxa de totalidade

O 12 de agosto de 2026, a sombra da Lúa entrará pola fachada atlántica e cruzará o norte da Península. En Lugo a eclipse será total, co Sol sobre o horizonte oeste da muralla romana e do miradoiro do parque Rosalía de Castro.

Instantes das fases da eclipse

  1. comezo da fase parcial
  2. comezo da fase total
  3. máximo da eclipse
  4. fin da fase total
  5. fin da fase parcial
  6. solpor

Durante a fase parcial

As manchas solares

Durante a fase parcial utilizaremos telescopios solares de luz branca para observar con seguridade as manchas solares visíbeis no disco do Sol. Estas rexións máis escuras indican zonas de intensa actividade magnética na superficie solar.

Imaxe en tempo real das manchas solares observadas por SOHO/NASA
Manchas solares en tempo real (SOHO/NASA)

Durante a fase de totalidade

A coroa solar

Durante a totalidade poderemos admirar a tenue coroa solar e a contorna inmediata do Sol. É un dos momentos máis espectaculares da eclipse, visíbel só cando a Lúa cobre completamente o disco solar.

Abrir orixinal ↗
Coroa solar en tempo real — LASCO C2 (SOHO/NASA)

Programa

Actividades e puntos de interese

Os dous últimos puntos están pensados para observación pública e divulgativa e contarán con instrumentación especializada para observar as diferentes fases da eclipse: lentes de eclipse, telescopios solares de luz branca e telescopios solares H-alpha.

1

Praza Maior

Punto de información do Concello de Lugo sobre as actividades do proxecto.

2

Pazo de San Marcos

Auditorio da Deputación de Lugo no que terán lugar o ciclo de conferencias arredor da eclipse solar.

3

Casa do Saber

Auditorio da Universidade de Santiago de Compostela no que terán lugar os obradoiros arredor da eclipse solar.

4

Muralla romana

Entre as portas de Bispo Odoario e Bispo Aguirre, boas vistas cara ao oeste e gran valor simbólico.

5

Parque Rosalía de Castro

Espazo amplo e contorna aberta cun miradoiro axeitado para grupos grandes.

Mapa esquemático do centro de Lugo con localizacións recomendadas Mapa esquemático do centro de Lugo coa Muralla e cinco puntos destacados sinalados con marcadores numerados. CENTRO A CHANCA SAN ROQUE A MILAGROSA AS FONTIÑAS 1 2 3 4 5 6

Mapa esquemático orientado á comunicación pública. Na versión final pódese substituír por un visor interactivo do centro de Lugo con información ampliada de cada punto.

Observación segura

A eclipse é espectacular, mais a seguridade visual é prioritaria

Titorial

Constrúe o teu propio proxector estenopeico

Un proxector estenopeico permite observar a eclipse de forma indirecta e segura, proxectando a imaxe do Sol sobre unha superficie branca sen mirar nunca directamente ao Sol.

Miniatura do vídeo sobre como construír un proxector estenopeico Ver vídeo en YouTube
Vídeo titorial para construír un proxector estenopeico (NASA).

Infórmate

Queres saber máis?

Deixa o teu contacto para recibir actualizacións do programa, materiais didácticos e recomendacións de observación.